O ano de Gianni Rodari

Gianni Rodari (Omegna, 1920) foi escritor, xornalista, pedagogo e mestre. Impulsor dunha visión libre e renovadora da literatura para rapaces que, ademais, propuxo como ferramenta para desenvolver unha pedagoxía innovadora.

De xove, sen un plan vital, unha experiencia cambioulle a vida: traballar como mestre de italiano para os fillos dunha familia xudea que, fuxindo do nazismo, se refuxiaron en Italia. Unha etapa que espertou en el a paixón pola lectura e a vocación pola ensinanza.

Queridos e honorables pais. Xa que vos preocupades tanto pola miña educación (cousa que vos agradezo aínda que ás veces me afoga un pouco), gustaríame falarvos da miña maneira de encargarme da miña propia educación.

Si, aínda que non o creades, é algo que me preocupa e non perdo ningunha oportunidade de educarme… Lembro que cando tiña uns meses, deixaba caer dilixentemente da trona determinados obxectos… vós criades que estaba xogando… Non sabedes canto me gustaría poder explicarvos que estaba aprendendo cousas sobre o espazo, o peso, a gravidade terrestre ou a distancia entre a trona e o chan.

Escuela de la fantasía. Reflexiones sobre educación para profesores padres y niños (Blackie Books, 2017)

En 2020 celébrase o centenario do seu nacemento. Nesta web hai información e material didáctico en inglés e italiano.

Podes mercar os seus libros na tenda online de Wells premendo aquí.

Volver arriba