Comics do 2020 normal

A estas alturas deberíamos estar peneirando entre a chea de títulos de banda deseñada que saen coincidindo co Salón de Comic de Barcelona. Pero o sector editorial, como case todo, está paralizado.

É bo momento para falar dos comics que saíron a rúa até o confinamento. Hai lecturas que pagan a pena. Das que, cando remate o ano, seguro que forman parte da listas dos nosos favoritos.

Preferencias del Sistema (portada)

Preferencias del Sistema de Ugo Bienvenu (Ponent Mon)

Relato de ciencia ficción ambientado nun futuro no que non hai medios para almacenar toda a información que xeneramos. Fala da sobreinformación, a tecnoloxía como ferramenta de control ou a perda do patrimonio cultural. Comic dos que deixan un eco de curiosidade, placer e inquedanza.

Cassandra Darke de Posy Simonds (Salamandra)

Posy Simmonds compón imaxes con maestría e gusta de basearse na literatura clásica. Aquí temos un conto de nadal no que se misturan a sátira social e o relato policial. O papel de Scrooge o fai Cassandra Darke, galerista da alta sociedade londinense con moi mala baba e un pouco caradura.

Cemetery Beach de Warren Ellis e Jason Howard (Norma)

Ciencia ficción trepidante coa firma do guionista Warren Ellis (Transmetropolitan). Mike Blackburn é un un axente de recoñecemento detido nun planeta controlado por un líder despota e trastornado. Foxe e escomeza unha carreira chea de adrenalina para chegar até a súa nave e tentar volver á terra. Hai quen o compara con “Mad Max. Fury Road”.

Sunny Sunny Ann!

Sunny Sunny Ann de Miki Yamamoto (Astiberri)

Un manga para os que non gustan de ler manga. Ann é unha rapaza libre, forte e sensible que non atura a rutina. Vive nun coche, vai de acá para acolá e as veces se prostitúe para conseguir cartos. Tenra e vital coa xente que busca cariño. Implacable cos que teñen malas intencións. Un personaxe magnético e sensual que as veces parece saído dunha película da nouvelle vague e outras do cine de Fellini.

Volver arriba