A parte fácil

Ismael ramos

17,50 IVA incluido

 

As personaxes deste libro están medrando. Ou quizais non se decaten de que xa remataron de medrar. Da adolescencia á trintena, as voces que tecen “A parte fácil” aprenden a convivir con sentimentos de culpa que non lles pertencen, coa vergonza, con segredos familiares antigos e recentes… A dificultade para comunicarse co mundo déixaos illados na inquietante xordeira de quen afunde a cabeza relaxadamente nunha bañeira chea de auga e sopesa a idea de non erguerse nunca máis.

Os contos de “A parte fácil” conforman o primeiro libro de narrativa de Ismael Ramos, gañador do premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández no ano 2022 con Lixeiro, mestre e articulista de prensa. Algúns dos seus libros foron traducidos ao portugués, catalán ou castelán.

 

Información adicional

Autor:

Editorial:

ISBN:

978-84-1110-257-5

Páginas:

144

Formato:

Rústica

Dimensiones:

15 x 23

Año:

2023

Categoría: Etiqueta:

También te recomendamos…

¿Buscas un libro? / Buscas un libro?