Feliz Idade

Olga Novo

13,00 IVA incluido

Premio Nacional de Poesía no apartado de poesía galega 2020

O eixe de Feliz Idade é o ciclo vital que abrangue o tempo dende o nacemento e a nenez da filla da autora ata o declive físico e o pasamento do pai desta, polo que se trata dun poemario cun fondo calado sentimental e emocional. Comeza cunha carta-limiar dirixida á nena sobre a importancia das raíces familiares e da terra de Vilarmao, onde habitaron os seus ancestros.

Vidas, persoas e historias son a materia prima deste poemario, que enlaza pasado, presente e futuro a través das distintas xeracións da familia. Tamén se aprecia nel a pegada de voces literarias diversas, dende Rosalía de Castro ou Luís Pimentel, a John Berger, Walt Whitman ou Dylan Thomas.

Información adicional

Editorial:

ISBN:

978-84-16721-24-5

Año:

2019

Páginas:

152

Dimensiones:

14,5×21

Formato:

Rústica

Categoría: Etiquetas: ,

¿Buscas un libro? / Buscas un libro?