Virtudes (e misterios)

Xesús Fraga

19,7021,95 IVA incluido

O relato dunha epopea como a que protagonizaron tantas mulleres galegas que, levadas pola adversidade, rematan percorrendo o mundo á procura dun futuro mellor.

Xesús Fraga constrúe unha historia que se centra nas vicisitudes dunha familia das Mariñas coruñesas marcada pola emigración, historia que tamén é a da segunda metade do século XX, e que vai medrando coma quen vai pintando un lenzo a base de sensacións, recordos, fotografías, o diario dunha nai e a voz das testemuñas que poden contar. Unha obra que ten moitas lecturas e moitos vieiros, polos que o autor nos leva coma se fosen as liñas do metro de Londres, a cidade ao redor da que gravitan os personaxes da novela. É, tamén, a historia dun neto asombrado e dunha avoa poderosa. A historia dos que marchan e que, cando regresan, nin eles son os mesmos nin a terra que deixaron é a mesma.

Información adicional

Autor:

Editorial:

ISBN:

978-84-9151-559-3

Año:

2020

Páginas:

368

Dimensiones:

13,5×21

Formato:

Rústica

Idioma

Castellano, Galego

Limpiar
SKU: N/D Categoría: Etiquetas: ,

¿Buscas un libro? / Buscas un libro?