O conto da criada

Margaret Atwood

19,50 IVA incluido

Este libro é considerado o libro de cabeceira dunha nova xeración e que outros asocian co 1984 de George Orwell.

Tras un golpe de Estado, os Estados Unidos de América convértense na República de Galaad, un réxime teocrático cristián no que as mulleres fértiles que os seus mandatarios consideran indignas de exercer como nais son condenadas a servir como «criadas». Pero os servizos que deben prestar non son domésticos, senón reprodutivos: a súa función é enxendrar os fillos das mulleres estériles das elites do réxime.

Cun prestixio xa afianzado, a publicación de O conto da criada en  1985 supuxo, no entanto, a consagración definitiva de Atwood. Con esta novela gañou ese mesmo ano o Premio Arthur C. Clarke no Reino Unido e mais o Premio do Gobernador Xeral ao Mérito Literario en Canadá e foi finalista do Booker ao ano seguinte, entre outros galardóns.

Información adicional

Autor:

Editorial:

ISBN:

978-84-948421-3-9

Año:

2020

Páginas:

432

Dimensiones:

12,8×19,8

Formato:

Cartoné

Categoría: Etiquetas: ,

¿Buscas un libro? / Buscas un libro?