Esta obra, unha das máis imaxinativas e divertidas de Gianni Rodari, vai máis aló da ficción. Ese reino imaxinado por Rodari é tamén tremendamente actual.
A noite que naceu Gelsomino, a xente ergueuse no medio da noite pensando que soaran as sirenas das fábricas para ir ao traballo. Por sorte, Gelsomino aprendeu a durmir toda a noite, como fan as persoas decentes, agás os xornalistas e os gardas nocturnos.
Coa axuda dun fantástico gato, enfrontarase ao rei do País dos Mentiráns, onde mentir é obrigatorio por lei; onde dicir a verdade supón expoñerse a fortes sancións do mandamáis, un antigo pirata que ue leva unha perruca laranxa e ao que lle encanta pronunciar discursos dende un balcón.