Lixeiro

Ismael Ramos

12,50 IVA incluido

Unha reflexión sobre os desencantos do presente e a procura dunha transcendencia que non chega.

«Lixeiro», o terceiro libro de Ismael Ramos, é unha reflexión sobre os desencantos do presente e a procura dunha transcendencia que non chega. A precariedade, a amizade no transo á idade adulta, unha parella que se desintegra, unha irmá que medra, lebres que cruzan a estrada sen mirar, traballadores en barco, tren, autobús… Todos eles atravesan este poemario, que foxe coma un animal miúdo sen saber moi ben onde vai, gozando de cada respiración na carreira. Velaquí o latexo dun corazón novo.

Ismael Ramos (Mazaricos, 1994) publicou os poemarios «Os fillos da fame» (Premio Johán Carballeira, Xerais, 2016), «Lumes» (Apiario, 2017), cuxa tradución ao español «Fuegos» (2019) recibiu o Premio Javier Morote outorgado polas librarías independentes do estado (CEGAL) ao mellor libro publicado por un autor novo ese ano e «Lixeiro» (Xerais, 2021).

Categoría:

¿Buscas un libro? / Buscas un libro?